O CONCELLO DE CERVO MELLORA A REDE VIARIA NO LUGAR DE GONDRÁS

A obra foi cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, no marco da intervención 6872.- Investimentos non produtivos en servizos básicos en zonas rurais do plan estratéxico da PAC 2023-2027 de España cunha aportación de 29.630,98 euros

 

O Concello de Cervo acometeu traballos de mellora de distintas arterias de comunicación do lugar de Gondrás.

En concreto, actuouse nun tramo de 562 metros lineais cuxa superficie total ascende a 2.541,30 m2.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Zona Rural, Adrián Arias, achegáronse ata a zona para ver in situ a actuación que supón unha mellora da rede viaria deste burgo e que está cofinanciada pola Xunta de Galicia, con fondos AGADER dentro do Plan Marco de Melloras de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas e que supuxo un investimento de 35.853,49 euros.

Caramés explicou que a obra -xa rematada- foi concibida co obxectivo de mellorar o firme destes camiños sen variar a súa natureza, conseguindo unha boa evacuación e drenaxe das augas pluviais.

A alcaldesa fixo fincapé na importancia deste tipo de actuacións “que contribúen a poñer en valor o noso rural, facéndoo máis seguro e accesible”; un aspecto sobre o que incidimos en cada obra que abarcamos.

 

 

GONDRÁS