O CONCELLO DE CERVO, NO DÍA DO PEIXE CON SAÚDE MENTAL A MARIÑA
Desde o Concello de Cervo queremos agradecer o convite para participar nesta xornada do «Día do Peixe», unha iniciativa da Fundación Expomar enmarcada no proxecto de promoción do consumo responsable de peixe e da actividade pesqueira.

A nosa alcaldesa, Dolores García Caramés, compartiu a xornada coas persoas usuarias de Saúde Mental A Mariña en Cervo, nun ambiente moi especial de convivencia, participación e posta en valor dos produtos do mar.
Grazas por contar con nós. Seguiremos apoiando este tipo de iniciativas que promoven hábitos saudables, inclusión e o benestar da nosa veciñanza.