O CONCELLO DE CERVO PON EN MARCHA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN “BRINCOS DE LECER COA RA RAMIRA” QUE SE ENMARCA NO PLAN CORRESPONSALBLE EN CERVO

Brincos de Lecer

A iniciativa,  financiada pola consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade,  desenvolverase ao longo do curso 2025-2026 na Casa da Cultura de San Ciprián, inclúe unha ampla oferta de obradoiros lúdicos e educativos, pensados para estimular a creatividade, a aprendizaxe e a convivencia dos máis novos.

 

O Concello de Cervo vén de presentar unha nova edición do programa de ocio e tempo libre “Brincos de Lecer coa Ra Ramira”, dirixido ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria do municipio.

A iniciativa, que se desenvolverá ao longo do curso 2025-2026 na Casa da Cultura de San Ciprián, inclúe unha ampla oferta de obradoiros lúdicos e educativos, pensados para estimular a creatividade, a aprendizaxe e a convivencia dos máis novos.

 A gran novidade deste curso será o obradoiro “Playing in English”, unha actividade destinada a mellorar o idioma inglés a través do xogo, en colaboración coa English School de San Ciprián. Está dirixido a alumnado de Infantil, Primaria e 1º e 2º de ESO, con grupos e horarios adaptados a cada nivel:

Image removed.Luns · 17:30-18:30 → Infantil

Image removed.Martes · 17:30-18:30 → 1º e 2º de Primaria

Image removed.Martes · 18:30-19:30 → 3º e 4º de Primaria

Image removed.Mércores · 18:30-19:30 → 5º e 6º de Primaria

Image removed.Xoves · 18:30-19:30 → 1º e 2º da ESO

Image removed.Ademais, manteranse as actividades que xa tiveron moi boa acollida na pasada edición:

Image removed.Brincos: actividades de entretemento para alumnado de 4º, 5º e 6º de Infantil.

Image removed.Croacbooking: obradoiro de manualidades para alumnado de Primaria.

Image removed.Ramira de Castro: actividades de escritura creativa para alumnado de Primaria.

Image removed.Problemas na Charca: xogos e actividades matemáticas para alumnado de Primaria.

Image removed.Club de Ramira: lectura divertida para alumnado de 1º e 2º de ESO.

Image removed.Aprender a Aprender: estratexias de memoria e atención para o estudo, dirixido a alumnado de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO.

Image removed.Findes Anfibios: obradoiros temáticos que se celebrarán dúas fins de semana ao mes, para alumnado de Primaria.

Image removed.A alcaldesa, Dolores García Caramés, explicou que “repetimos a iniciativa que tivo moi boa acollida o curso pasado cando arrincou, xa que buscamos ofrecer ás familias unha nova ferramenta de conciliación tamén durante o curso, nun espazo seguro, educativo e divertido no que poidan aprender, facer amizades e desenvolver a súa creatividade as crianzas. Este ano reforzamos o programa cunha novidade moi especial, o obradoiro de inglés, que supón unha oportunidade para que practiquen o idioma dunha maneira divertida e dinámica”.

As actividades desenvolveranse de luns a venres en horario de tarde, con grupos diferenciados segundo a idade e nivel educativo. Ademais, os “Findes Anfibios” celebraranse dúas fins de semana ao mes.

As familias interesadas poden anotarse na Casa da Cultura de San Ciprián.