O CONCELLO DE CERVO PROGRAMA UNHA NOVA EDICIÓN DE CERVO CONCILIA POLO NADAL
O programa de conciliación familiar, dirixido a crianzas de entre 3 e 12 anos, dará comezo o 23 de decembro e finalizará o 7 de xaneiro (ambos incluídos)
O prazo de inscrición remata o 13 de decembro
O Concello de Cervo organiza para este Nadal unha nova edición do programa “Cervo Concilia”, que dará comezo o 23 de decembro.
Este programa, que está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias.
Estenderase durante as vacacións de Nadal, finalizando o 7 de xaneiro, en horario de 8:30 a 14:30 horas.
As inscricións están a disposición das familias na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello. O prazo para anotarse remata o 13 de decembro e as prazas son limitadas.