O CONCELLO DE CERVO PROGRAMA UNHA NOVA EDICIÓN DO CAMPIONATO DE TUTE E PARCHÍS CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
As interesadas en participar poden anotarse este luns e martes, 26 e 27 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou no teléfono 982 59 51 57
As partidas xogaranse na cafetería da Casa do Mar a partir do mércores ata entrega de premios que será no xantar con motivo do Día da Muller
O Concello de Cervo programa un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.
O prazo para anotarse estará aberto este luns e martes e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57”.
As competicións comezarán o mércores 28 de xaneiro na cafetería da Casa do Mar ás 12:00 horas, cando está prevista a reunión, e prolongaranse ata principios do mes de marzo.
Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse no xantar do Día da Muller, o 8 de marzo.