O CONCELLO DE CERVO PROGRAMOU UN NOVO FALADOIRO DE ARRUGUIÑAS CHARLANDO
Un encontro para aprender a relaxarnos, pensar en positivo e coidar a nosa saúde emocional. Actividade organizada co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Interesante charla esta fin de semana de ARRUGUIÑAS CHARLANDO no Local social da Asociación Terramar, na Casa do Mar da man de Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda sobre a “Xestión do ánimo”.
Un encontro para aprender a relaxarnos, pensar en positivo e coidar a nosa saúde emocional. Actividade organizada co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.