O CONCELLO DE CERVO SERÁ ESTE DOMINGO O ESCENARIO DA III REGATA PROVINCIAL DE PIRAGÜISMO
A competición, que terá lugar no Encoro de Río Cobo, a partir das 11:00 horas
Na proba, ademais do club anfitrión -o Club Deportivo San Ciprián- competirán o Club de piragüismo Cidade de Lugo, o Club Fluvial de Lugo, o CP Altruán de Ribadeo, o club Kayak de Foz e o CP Urban Hotel Viveiro
O Encoro de Río Cobo acollerá o domingo, 27 de xullo, a terceira regata da Copa Deputación de Piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.
Na proba daranse cita, en representación da Mariña, e ademais da entidade anfitrioa, o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Urban Hotel Viveiro; ademais do Club de Piragüismo Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo.
A alcaldesa desexoulle moita sorte a todos os deportistas, que competirán nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil nas modalidades K1 e C1, e especialmente aos representantes do Club Local; e animou a todos os visitantes a que gocen da competición e da contorna excepcional na que se desenvolve para desfrutar dun día de competición, natureza e deporte ao aire libre, toda unha oportunidade para desfrutar dun espectáculo deportivo de alto nivel nun contorno natural privilexiado.
A celebración desta regata supón pois un recoñecemento á excelente localización e condicións do encoro de Río Cobo, consolidándoo como un espazo ideal para o desenvolvemento desta disciplina.