O CONCELLO DE CERVO TEN ABERTO O PRAZO PARA ANOTARSE AO DÍA DO XUBILADO
A XL edición celebrarase o día 1 de maio na Praza dos Campos
XL Edición do Día do Xubilado en Cervo
Lembrámosvos que xa está aberto o prazo de inscrición para participar nesta celebración tan especial!
Data do evento: 1 de maio
Prazo de inscrición: ata o 24 de abril
Onde anotarse:
Casa do Concello (Cervo)
Casa da Cultura (San Ciprián)
Dirixido a persoas pensionistas empadroadas no concello.
Un día para compartir, celebrar e desfrutar xuntos!