O CONCELLO DE CERVO TEN EN MARCHA UN PROGRAMA LÚDICO EDUCATIVO PARA AS CRIANZAS
A iniciativa leva por título Brincos de Leces e ofrece actividades pensadas para os escolares de todas as franxas de idade, desde infantil ata Secundaria
No marco do programa, este sábado tivo lugar un finde anfibio no que as crianzas realizaron manualidades relacionadas co Samaín na Casa da Cultura.