O GRAN CAMIÑO CHEGARÁ A CERVO O PRÓXIMO MÉRCORES
Este vindeiro mércores, 15 de abril, a segunda estapa da proba ciclista O Gran Camiño pasará polo noso Concello. Está previsto que o pelotón atravese a zona arredor das 13:00 horas.
Por este motivo, as saídas á Nacional no noso termo municipal permanecerán cortadas temporalmente para garantir a seguridade da proba nesa franxa horaria.
O Concelleiro de Deportes, David Rodríguez, participou na Xunta de Seguridade que tivo lugar esta semana en Lugo, co fin de coordinar o dispositivo especial que se despregará con motivo desta carreira, co obxectivo de garantir a seguridade tanto dos ciclistas como do público ao longo do percorrido de arredor de 150 quilómetros.
Animámosvos a achegarvos, respectando sempre as indicacións de seguridade, para gozar do ambiente e apoiar aos ciclistas nesta gran cita deportiva que por primeira vez discorre pola nosa zona.
Grazas pola vosa colaboración!
https://ograncamino.gal/etapa-2-2026