O PUNTO DE ENCONTRO FAMILIA ABRIRÁ EN CERVO O PRÓXIMO 1 DE XULLO

Este novo centro supón un paso adiante e consolida o noso concello como un referente comarcal neste ámbito.

Hoxe tivemos en Cervo a visita da conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, nunha xornada moi importante para o noso concello.

Durante a visita, confirmouse unha excelente nova para Cervo e para toda a comarca da Mariña: o novo Punto de Encontro Familiar abrirá as súas portas o vindeiro 1 de xullo no edificio do Ecomuseo, en Cervo.

Durante a visita, a alcaldesa, Dolores García Caramés, que estivo acompañada pola concelleira Mali Méndez, quixo agradecer á Xunta de Galicia e á propia conselleira, a posta en marcha deste recurso tan necesario, que permitirá achegar un servizo fundamental ás familias, evitando desprazamentos e mellorando a atención aos menores.

Este novo centro supón un paso adiante e consolida o noso concello como un referente comarcal neste ámbito.

Seguimos traballando para mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza e a colaboración institucional, neste caso da Xunta de Galicia, resulta fundamental para elo.

https://www.xunta.gal/.../fabiola-garcia-anuncia-que...