O VINDEIRO VENRES 6 DE MARZO REGRESAN OS PETISCOS DA MAN DA HOSTELARÍA DE CERVO

A hostelaría de Cervo, en colaboración co Concello de Cervo, pon en marcha unha nova edición dos Petiscos, unha iniciativa gastronómica que regresa este venres 6 de marzo coa participación do Caseto de Copa e da Pousada O Almacén, co obxectivo de dinamizar a hostelaría local e fomentar o consumo nos establecementos do municipio.

 

A nova edición foi presentada na Casa do Concello coa presenza da alcaldesa, Dolores García Caramén, e de Elsa Fernández e Tomás Mariño, en representación dos locais participantes.

Como principal novidade desta tempada, ademais da tapa habitual, cada venres ofrecerase tamén unha pulga, ampliando así a proposta gastronómica .

A iniciativa desenvolverase ao longo da tempada e, como incentivo á participación, ao remate da ruta sortearase un lote de viño e un xamón entre todas as persoas que participen.

Tapas do venres 6 de marzo

Para este primeiro venres, as propostas culinarias serán as seguintes:

 

  • Pousada O Almacén

Tapa: Caldeirada

Pulga: Lombo con queixo

 

  • Caseto de Copa

Tapa: Lombo ao gorgonzola con arroz branco

Pulga: Mini burguer

Dende o Concello de Cervo anímase á veciñanza e ás persoas que visiten o municipio a participar nesta proposta culinaria, apoiar á hostalaría local e desfrutar dos venres con sabor a Cervo.