A PRAIA DO TORNO LUCIRÁ UN ANO MÁIS A BANDEIRA AZUL

A alcaldesa, Dolores García Caramés, participou este mércores no acto de entrega dos distintivos Bandeira Azul, presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, na praia de Esteiro, en Xove.

Un ano máis, a praia do Torno volverá lucir este recoñecemento, que acredita a súa calidade ambiental, os servizos e as boas condicións da súa zona de baño.

A alcaldesa destacou que “aínda que sexa o Torno o areal que recibe este distintivo, o resto das praias do Concello atópanse tamén en excelentes condicións para o desfrute da veciñanza e visitantes”.

Segundo os datos achegados pola Consellería de Sanidade, as zonas de baño de A Caosa, Cubelas e O Torno contan cunha excelente calidade, mentres que a praia de Rueta presenta unha clasificación sanitaria boa, dentro dos baremos que se manexan segundo a normativa vixente.

Desde o Concello seguimos traballando para manter os nosos areais nas mellores condicións e poñer en valor o noso litoral.