A PRAIA DO TORNO XA LOCE A SÚA BANDEIRA AZUL
Tamén ondean dende esta fin de semana a bandeira Ecoplayas, a de Praia sen fume e a de Sendeiro Azul
O servizo de socorrismo xa estará operativo deste este luns , 1 de xullo
A bandeira azul ondea xa na praia do Torno, en San Ciprián.
A insignia, que premia a xestión ambiental do Concello, foi izada pola rexedora, Dolores García Caramés, a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, e o edil de Emprego, Alfredo Fernández, acompañados por varios traballadores municipais e polos socorristas que velarán pola seguridade dos bañistas durante os próximos dous meses.
Ademais, desde esta fin de semana xa locen tamén a bandeira Ecoplayas, a de praia sen fume e tamén o distintivo de Sendeiro Azul, que “recoñece o valor medioambiental desta ruta” e pon de manifesto “o compromiso municipal co turismo sustentable e de calidade”.