PROXECTO INTERNACIONAL DE FORMACIÓN EN SEGURIDADE EN MÉXICO

O noso compañeiro Mario Antuña, regresou recentemente de México tras participar nun proxecto internacional de formación impulsado pola Fundación Mapfre.

Durante a súa estadía, Mario impartiu xunto a profesionais de Madrid e Guadalaxara (Jalisco) actividades educativas sobre seguridade, evacuación e prevención de riscos, dirixidas a nenos e nenas en situacións de vulnerabilidade.

 Unha experiencia enriquecedora que pon en valor o compromiso humano e profesional do noso persoal, levando o nome de Cervo máis alá das nosas fronteiras.