SAGADELOS ACOLLEU CON ÉXITO O II TORNEO DE XADREZ DE CERVO
Un total de 32 participantes déronse cita nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo.
A Sala Cultural Xosé Vizoso, en Sargadelos, acolleu esta fin de semana o II Torneo de Xadrez de Cervo, unha xornada na que o xadrez, a concentración e o deporte foron os grandes protagonistas.
Un total de 32 participantes déronse cita nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo.
Parabéns a todos e todas as participantes e, especialmente, aos campións e campioas das diferentes categorías:
Sub 8: Antón Pernas
Sub 10: David Bustabad
Sub 12: Xulio Pernas
Sub 14: Deivid Pérez
Sub 16: Manuel Castro
Sub 18: Breixo Alvite
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, foi a encargada de entregar os trofeos e as medallas aos gañadores e gañadoras.
Parabéns a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír a facer medrar o xadrez no noso concello!
Seguimos apostando polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.