AS VIAXES AOS FARILLÓNS, COMPLETAS ESTE MÉRCORES E XOVES

Viaxes farillóns

 As prazas para as travesías xa están completamente cubertas, confirmando o éxito desta proposta, que se consolida como un dos grandes atractivos previos á nosa festa.

O Concello de Cervo quere agradecer a excelente acollida que tiveron as viaxes en barco aos Farillóns organizadas con motivo da Festa da Maruxaina.

 As prazas para as travesías xa están completamente cubertas, confirmando o éxito desta proposta, que se consolida como un dos grandes atractivos previos á nosa festa.

As reservas realizáronse directamente no peirao, antes de cada saída, onde as persoas interesadas foron anotándose por orde de chegada ata completar as prazas dispoñibles en cada unha das viaxes.

 Grazas a todas as persoas que participaron e que quixeron descubrir os Farillóns desde o mar, coñecendo de preto un dos espazos máis emblemáticos da nosa costa e a súa estreita vinculación coa lenda da Maruxaina.

 Agora... chega o momento de seguir desfrutando da festa!

Vémonos na Maruxaina! 

Imaxes de Anxo Cao que nos fixo de excelente guía nestas viaxes. Graciñas