A XUNTA DE GALICIA ABRE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA A XESTIÓN O NOVO PEF
Trátase dun recurso esencial para garantir o benestar da infancia e facilitar a relación familiar en situacións complexas, evitando ademais desprazamentos ás familias da Mariña.
A Xunta de Galicia abre este mércores o prazo para que as entidades sociais presenten a súas propostas para o procedemento de concerto social para a xestión dos novos Puntos de Encontro Familiar, entre eles o que estará situado no noso concello e que entrará en funcionamento o vindeiro 1 de xullo no edificio do Ecomuseo.
Un paso máis para facer realidade un servizo fundamental en Cervo!
Trátase dun recurso esencial para garantir o benestar da infancia e facilitar a relación familiar en situacións complexas, evitando ademais desprazamentos ás familias da Mariña.
Hai apenas uns días tivemos en Cervo a visita da conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, nunha xornada moi importante na que se confirmou esta excelente nova. A nosa alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada pola concelleira Mali Méndez, quixo agradecer a posta en marcha deste servizo tan necesario para a veciñanza, aquí en Cervo.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260422/AnuncioG0762-080426-0002_gl.html