O CONCELLO DE CERVO ORGANIZA UNHA XORNADA DE CONCIENCIACIÓN E SEGURIDADE VIARIA DIRIXIDA A TODA A VECIÑANZA
A actividade principal é un simulador de envorco no que o alumnado do IES Marqués de Sargadelos puido experimentar o que se sente en caso de accidente
- Villares apuntou que se pretende con esta acción “é concienciar da importancia de levar posto sempre, e de xeito correcto, o cinto de seguridade”

- O Concello de Cervo, a través da delegación de Seguridade Cidadá, organizou no día de hoxe unha xornada de concienciación de seguridade viaria dirixida a toda a veciñanza, pero fundamentalmente á xuventude.
A actividade central é un simulador de envorco, que estivo instalado durante toda a mañá no patio do IES Marqués de Sargadelos, ao que puido subirse todo o alumnado e e experimentar o que se sente no caso de accidente.
Villares apuntou que o que pretendemos desde o Concello con esta xornada é “incidir na importancia de levar sempre abrochado o cinto de seguridade, con independencia do tempo de traxecto e da vía pola que se circule; e facelo de xeito correcto”, que foi unha das leccións que recibiron os mozos e mozas durante a sesión.
Ademais, tamén puideron probar unhas gafas de simulación de diferentes estados incompatibles coa condución “co fin de concienciar sobre unha circulación segura e responsable”.
A actividade trasladarase esta tarde ao centro de San Ciprián, ao aparcadoiro do estanco, para que toda a veciñanza poida probar o simulador de envorco.