𝗒 π—–π—’π—‘π—–π—˜π—Ÿπ—Ÿπ—’ π——π—˜ π—–π—˜π—₯𝗩𝗒 𝗖𝗒𝗑𝗩𝗒𝗖𝗔 𝗨𝗑 𝗖𝗒𝗑𝗖𝗨π—₯𝗦𝗒 π——π—˜ π—£π—’π—¦π—§π—”π—œπ—¦ π——π—˜ π—‘π—”π——π—”π—Ÿ π——π—œπ—₯π—œπ—«π—œπ——π—’ 𝗔𝗒 π—”π—Ÿπ—¨π— π—‘π—”π——π—’ π——π—˜ π—œπ—‘π—™π—”π—‘π—§π—œπ—Ÿ π—˜ 𝗣π—₯π—œπ— π—”π—₯π—œπ—” 𝗗𝗒 π— π—¨π—‘π—œπ—–π—œπ—£π—œπ—’

Os traballos terΓ‘n que presentarse na Casa da Cultura de San CipriΓ‘n ou no Consistorio e o prazo remata 5 de decembro

Entre as tres postais finalistas o xurado elixirΓ‘ unha coa que o Concello felicitarΓ‘ o Nadal a outros organismos e instituciΓ³ns

O Concello de Cervo vΓ©n de convocar un concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.

As obras terΓ‘n que ter como tema o Nadal, a tΓ©cnica Γ© libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaΓ±o folio.

Os orixinais teΓ±en que entregarse na Casa da Cultura de San CipriΓ‘n ou na Casa do Concello, sen asinar e acompaΓ±ados dun sobre pechado que conteΓ±a os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e nΓΊmero de telΓ©fono.

EstablΓ©cese un premio por cada modalidade; de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos.

O prazo de recepciΓ³n remata o 5 de decembro. E o fallo do xurado farase pΓΊblico o 9 de decembro.

Entre as tres postais finalistas, o xurado elixirΓ‘ unha que serΓ‘ a protagonista das felicitaciΓ³ns de Nadal do Concello.