I.E.S Marqués de Sargadelos

Dirección
A Veiga, s/n 27890 San Ciprián- LUGO
Teléfono
982-593100
Correo electrónico
ies.marques.sargadelos@edu.xunta.es

N.I.F: S-7700006-E

Código do centro: 27016509

Tipo de centro: PÚBLICO

Denominación oficial:I.E.S. MARQUÉS DE SARGADELOS

ANO DE ENTRADA EN FUNCIONAMENTO:1995

 

OFERTA EDUCATIVA:

Na actualidade impártense as seguintes ensinanzas.

Educación Secundaria Obrigatoria. Os catro cursos cun grupo de seccións bilingües en cada curso

Bacharelatos:

  • Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía

  • Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais

Ciclo Superior de Química Industrial. (Realízase parte da formación en Alcoa San Ciprián e a maioría dos estudantes tamén poden realizar a FCT na mesma).

 

PROGRAMAS ESPECÍFICOS NOS QUE PARTICIPA O CENTRO

Para o curso 2011-2012 o IES participa no Proxecto Abalar e no Proxecto Seccións Bilingües para impartir bioloxía e educación plástica en inglés. Este proxecto bilingüe ten como lingua oficial de referencia o galego. No presente curso 2011-2012 o plan vai dirixido a alumnos que cursarán a materia de Bioloxía e Xeoloxía en 2º, 3º e 4º de ESO, e Educación Plástica e Visual en 1º de ESO.

Os departamentos implicados directamente nesta iniciativa son o de Inglés, o de Bioloxía-Xeoloxía e o de Debuxo.

 

Horario

Horario lectivoMañánTarde
Luns8:50 – 14:30 h16:30 – 19:00 h
Martes8:50 – 14:30 h--- --- ---
Mércores8:50 – 14:30 h16:30 – 19:00 h
Xoves8:50 – 14:30 h--- --- ---
Venres8:50 – 14:30 h--- --- ---

Horario de dispoñibilidade para os alumnos / as dos servizos e instalacións do centro.

Horario de servizos para alumnado

MañáTarde
8:30 – 14:30 h16:30 – 19:00 h

Horario de apertura á comunidade

MañáTarde
8:30 – 14:30 h16:30 – 19:00 h de martes a xoves, ámbolos dous inclusive

Horario de verán

Horario de apertura á comunidade

MañáTarde
8:30 – 14:30 h--- --- ---

 

DEPENDENCIAS DO CENTRO EDUCATIVO:

  • 12 aulas ordinarias.

  • 2 aulas de informática.

  • 2 aula de audiovisuais.

  • 2 aulas de debuxo e expresión plástica.

  • 1 aula de música.

  • 1 laboratorio de Física.

  • 1 laboratorio de Química.

  • 1 laboratorio de Química Industrial.

  • 1 laboratorio de Ciencias Naturais.

  • 9 despachos de Departamentos Didácticos.

  • 1 Ximnasio.

  • 1 Biblioteca.

  • 1 aula de Tecnoloxía.

  • 2 aulas de Idiomas.

  • 1 aula de Ciencias Sociais.

  • 1 aula de PDC.

  • 5 despachos de dirección e administración.

  • Pistas deportivas ao aire libre.

  • 3000 m2 de patios de recreo.

  • 1 sala do profesorado.

  • Oficinas.

  • Cafetería.

  • Vivenda do conserxe.

 

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

Faise unha proposta anual de actividades, que pode variar dun curso para outro. A continuación indícanse algunhas das que se realizan habitualmente:

  • Talleres de prevención das drogodependencias.

  • Talleres de formación afectivo-sexual.

  • Talleres de prevención da violencia de xénero.

  • Talleres de motivación á lectura.

  • Celebración de festas cíclicas como o Nadal, magosto ou Entroido.

  • Exposicións de fotografías, pintura, traballos académicos.

  • Exposicións itinerantes.

  • Saídas didácticas organizadas polos diferentes departamentos.

  • Excursións e viaxes culturais (á neve en Andorra, á Roma clásica...).

  • Intercambios educativos con Francia.

  • Contacontos.

  • Participación no Proxecto Terra.

  • Rally de Matemáticas.

  • Concursos literarios propios e participación en convocatorias externas.

  • Actividades deportivas e competicións organizadas polo Departamento de Educación Física.

  • Cursos de cociña.

  • Charlas informativas sobre temas educativos e de interese para a educación.

  • Presentación e acollida do alumnado.

  • Atención titorial individualizada.

  • Colaboración coa ANPA en diversas actividades de formación a familias e alumnado.

  • Reunións informativas puntuais para a organización de saídas didácticas e excursións.

  • Reunións informativas e de colaboración para tratar asuntos de convivencia académica.