Pista de skate

Dirección
Parque Reina Sofía, San Ciprián (detrás da Casa do Mar)


O bowl Skate (bañeira de patinaxe) foi inaugurado o 9 de agosto de 2018. A instalación deportiva, que aporta modernidade e dinamismo ao centro da vila, é das poucas homologadas que hai en Galicia para este tipo de competicións e, a día de hoxe, a única na Mariña destas características.

 

O Concello de Cervo organizou no día da súa estrea unha exhibición de skate aberta ao público que contou coa participación de Danny León, campión de España e considerado dos mellores do mundo nesta disciplina; e Yago Domínguez e Cosme Portuondo, tamén moi recoñecidos a nivel nacional.

 

En 2022, e grazas á colaboración da Xunta de Galicia, realizouse unha actuación para ampliar a pista de skate co obxetivo de mellorar as instalacións deportivas e de ocio no Concello de Cervo. Esto permitiu dar un salto de calidade a este infraestrutura situada no parque Reina Sofía, añadindo novos elementos como obstáculos elevados e con formas tipo ‘mini-ramp’ que conecten coa pista actual. A día de hoxe, este equipamento deportivo conta con distintas áreas orientadas tanto a principiantes como a usuarios máis expertos.