A Delegación de Cultura traballa coa finalidade de ofrecer á cidadanía actividades culturais de calidade ao longo de todo o ano.
As diferentes salas de exposicións, auditorios e centros socioculturais acollen as obras de todos os artistas que desexan expresar a súa arte.
Cabe destacar que a programación cultural pódese consultar ben sexa a través da rede (web, redes sociais), medios de comunicación (prensa, radio), ou a través das das diferentes publicacións que edita o Concello de Cervo de forma periódica. Neste sentido destacan os Pasatempos, uns folletos que inclúen as actividades que pon en marcha o Concello pero tamén as asociacións do municipio, que chegan de forma trimestral a todos os fogares de Cervo.
Variadas actividades realízanse no transcurso do ano: exposicións, conferencias, presentacións, musicais, representacións teatrais… sen dúbida todas elas axudan a manter viva a nosa cultura e tradición, fomentan a creatividade, a participación, a convivencia e o encontro de veciños e veciñas.
O Concello de Cervo conta cun gran número de entidades socioculturais: asociacións culturais, veciñais, de mulleres, deportivas, de montes e de pais e nais de alumnos dos distintos centros escolares. Todas elas están presentes no traballo diario e na vida do municipio.
OBXECTIVOS:
Xerar encontros, diálogos e intercambios no ámbito da cultura.
Promover accións compartidas para o coñecemento mutuo dos cidadáns.
Estimular a creatividade e fomentar a identidade e o respecto pola diversidade cultural.
Fomentar o acceso dos cidadáns á cultura e aos servizos culturais.
Potenciar o protagonismo das asociacións nas actividades.
Estreitar os vínculos entre educación e cultura.
Promover o asociacionismo local.
Involucrar aos veciños nas actividades culturais para lograr un maior nivel de implicación e compromiso.