Actual
Patrón maior: Javier Sánchez Fernández.
Vice-patrón maior 1º: Rolando Luzdivino Fraga Montenegro
Afiliados: 48
Embarcacións: 17 con porto base nesta localidade
12 de artes menores.
1 palangreiro fondo.
1 palangreiro superficie.
Marisqueo:
9 lanchas de arte menor autorizadas para percebe.
4 percebeiros a pé.
Especies principais: Polbo, percebe, centola.
Historia
O Pósito Marítimo Terrestre de San Ciprián fúndase o 1 de Marzo de 1930 ante unha grande presenza de público.
Nese mesmo instante asócianse 37 persoas.
Entre os acordos tomados destacaba que as embarcacións e socios tiñan que facer un pagamento, enviar unha solicitude ao presidente da Caixa Central de Crédito Marítimo para pedir unha subvención para o mobiliario, e enviar telegramas ás administracións competentes para comunicar a constitución do Pósito.
A primeira executiva estivo formada por xentes de San Ciprián, ostentanto as mesmas os seguintes cargos:
Presidente: Ricardo Fernández Villarmea
Vicepresidente: Francisco Fernández Montenegro
Secretario: Arturo Martínez López
Contable e Depositario: Manuel Cociña García
Vocal: José González Gómez
Inspector Caixa Central de Crédito Marítimo: Emilio Ceide
Todos os portos e ribeiras da costa comprendidas entre Rueta e Portocelo (Xove) quedaban dentro da xurisdición deste Pósito.
Non tarda moito o Pósito en converterse na entidade máis representativa da vila e na sesión plenaria de 18 agosto de 1935 preséntase a necesidade de acadar certos servicios para San Ciprián (biblioteca, traída de augas, esola de Orientción Marítima...).
O 15 de setembro de 1942 créase a "Escuela Elemental Profesional de Pesca del Pósito Marítimo Terrestre" de San Ciprián, posteriormente chamado "Escuela de Orientación Marítima Pesquera".
O mestre desta escola foi D. Francisco Moisés Rivera Casás, nomeado fillo adoptivo deste concello no ano 2010 como recoñecemento á súa profunda vocación profesional e á súa entrega á formación de varias xeracións de sancibrenses, e polo seu papel como fundador do Museo do Mar.
Este mestre foi o encargado de formar á xente do mar, pero moitos dos títulos que aquí se sacan non traballan na pesca, senón que é a mercante a que se encarga de empregalos.
A Escuela de Orientación Marítimo Pesquera pecharía as portas o 17 de abril de 1978.
O nome sufriría unha serie de cambios, o que nun principio se chamou Pósito pasaría a chamarse Cofradía Sindical de Pescadores, para posteriormente denominarse Confraría de Pescadores.
Pero a Confraría seguía a ser o punto de refencia do pobo, o local onde se trataban todos os temas e onde perduraba a idea de conseguir servizos para San Ciprián.
Entre os logros que acadou a Confraría no transcurso dos anos cabería destacar: a construción do peirao e das casetas dos mariñeiros, unha clínica médica na Confraría, a instalación dunha báscula e dun surtidor de combustible para as embarcacións, aumentar en 50 metros o muro da Anxuela, o encargado de protexer a Concha de San Ciprián, traídas de auga...
O auxe da pesca en San Ciprián produciuse a mediados dos 60, data na que máis de 30 barcos boniteiros tiñan a base no porto de San Ciprián.
Relación de Presidentes da Confraría de Pescadores de San Ciprián:
1930-31: Ricardo Fernádez Villarmea
1931-35: Julio Fernández Frá
1935-36: Aureliano García Pillado
1936-37: Manuel Cociña García
1937-39: Sergio Martínez López
1939-41: José González Gómez
1941: Cipriano Ponte
1941-1951: José González Gómez
1951-54: Hilario Álvarez Fernández
1954: Manuel Casas Quelle
1954-66: Fermín Mosquera Vidal
1966-71: José López González
1971-74: Marcelino Mosquera Rodríguez
1974-76: Antonio Otero Meitín
1976-81: José Casas Losada
1981-1995: José María López González
1995-99: Vicente Vázquez Lozano
2000-05: Francisco Ferreiros Seijas
2006-2009: Vicente Vázquez Lozano
2009-Ata a actualidade: Javier Sánchez Fernández
Relación de secretarios da Confraría de Pescadores de San Ciprián:
1930-31: Arturo Martínez López
1931-32: Manuel González
1932-39: Constantino Soto Paleo
1939-42: Joaquin Álvarez Rey
1942-81: Pastor Sánchez Vázquez
1981-Ata a actualidade: Rosa María Casas García