Igrexa de San Román de Vilaestrofe

San Román de Vilaestrofe ofrece unha fermosa igrexa, na que se distinguen engadidos da súa longa historia; as súas orixes son difíciles de precisar, aínda que o remate actual amosa trazas barrocas. Destacan o seu contorno e a súa arquitectura exterior, mentres no interior, con varias naves, sorprende o seu patrón cunha policromía de estofado.

Unha das súas vidreiras representa o sacramento de reconciliación e toma a imaxe do cadro de Rembrandt do Regreso do Fillo Pródigo.