Igrexa de Santiago de Sargadelos

Esta igrexa é de estilo neoclásico puro. Encargo do Marqués de Sargadelos para ennobrecer as Reais Fábricas; de corte herreriano e moi sobrio, pero maxestosa en dimensións e en altura. Dentro destaca a súa esvelteza e o altar renacentista, procedente da Catedral de Mondoñedo; no centro un Santiago peregrino do XVII, e unha virxe do Carme de Ferreiro ou da súa escola.