Praia de Cubelas

CARACTERÍSTICAS:

Tipo: Praia resgardada

Lonxitude: 240 metros

Tipo de area: fina e branca

ACCESO :

Doado, tanto a pé como en coche. Vía sinalizada

Dispón de paseo marítimo e acceso para persoas con diversidade funcional.

DESCRICIÓN:

Praia de area branca, ondada tranquila e de forma de tómbolo. As súas augas son transparentes e de agradable temperatura, ideales para o baño e tamén para o mergullo.

Ámbito urbanizado, coa típica especie faunística do litoral.

Enmarcada no centro urbano de San Ciprián, ben equipada e cercada nun dos seus extremos por un promontorio rochoso que sobresae cara ao mar sobre o que se achan os restos dunha antiga fábrica de salgadura, xa en ruínas que se coñece como "Castelo Mariño" a a Área Recreativa da Atalaia, onde no seu punto máis elevado eríxese o Faro Punta Atalaia.

No outro dos extremos pódense ver os restos dunha antiga cetaria.

Cubelas é a praia na que se poden contemplar os amenceres máis fermosos da Península de San Ciprián, inevitablemente o sol sae de entre as ruínas da fábrica de salgadura dando como resultado unha imaxe de postal que permanecerá eternamente nas retinas dos seus observadores.

Nesta praia pódense contemplar os amenceres máis fermosos da península de San Ciprián, que xunto co "Castelo Mariño" convértense nunha imaxe de postal.

SERVIZOS:

Soccorrismo
Acceso
Duchas
Servizos
Aparcadoiro
Recollida selectiva
Información actualizada  

   Image removed.