Praia de Paraños
CARACTERÍSTICAS:
Tipo: Praia resgardada
Lonxitude: 195 metros
Tipo de area: fina e branca
ACCESO:
A pé difícil, a través da liña de costa
Imposibilidade de chegar con vehículo
DESCRICIÓN:
Esta praia sitúase na parte máis occidental do municipio, marca a liña de división entre os concellos de Cervo e de Xove.
A súa accesibilidade non é doada debido a que os seus antigos accesos atópanse dentro da propiedade da multinacional aluminera ALCOA EUROPE.
Para acceder a este areal hai que facelo por costa a través da Praia de Lago (Xove).
Antigamente a esta praia acudían os habitantes de Bidueiros (Lieiro), unha poboación anterior a construción da factoría.
Está protexida polos diques de Morás e do porto comercial de ALCOA EUROPE, sendo frecuentada polos afeccionados á pesca deportiva.