Monumento á armada - mina da II guerra mundial

Monumento á armada - mina da II guerra mundial 1
Monumento á armada - mina da II guerra mundial 2

Inauguración: Año 1967.

Vinte anos despois da Segunda Guerra Mundial e coincidindo coas mareas grandes de decembro do 65, chega a San Ciprián esta mina submarina.

Este artefacto bélico, que estivo earremetendo contra as pedras da Anxuela, consegue entrar na Concha e continúa pola ría ata a ponte da estrada de Lieiro, onde chegou a bater.

Estivo moito tempo navegando pola Concha dun lado para outro golpeándose contra as pedras. Neste sentido hai que ter en conta que naquela época aínda non estaba construído o muro actual da Anxuela, polo que as ondas eran maiores e, en consecuencia, os impactos eran máis violentos.

O que ninguén sospeitaba era que esta mina estivese cargada, sobre todo despois de que non chegara a estourar a pesar das continuas batidas. 

Cando se deu parte ás autoridades da Mariña de Guerra, os especialistas encargados de desactivala descubriron que aquel artefacto puido ter estourado en calquera momento.

A Confraría de Pescadores, órgano con máis representatividade da vila por aquel entonces, toma a decisión de que a mina permaneza na vila formando parte dun monumento de agradecemento á Armada, que dende 1967 forma parte da Praia do Torno e, asentado nas penas do Mirarmar, lembra aos paseantes a sorte que tivo a localidade.