Fillos predilectos

JOSE ÁLVAREZ FERNÁNDEZ

(San Román de Vilaestrofe, 1866-1948)

Emigra a Bos Aires aos dezaseis anos e no 1907 é socio principal dunha fábrica de tabacos:

"Entre los más importantes establecimientos fabriles que constituyen la honrosa vanguardia de nuestra industria (…) figura en primera línea, tanto por su importancia comercial como por los novísimos procedimientos empleados en su notable instalación, la magnífica fábrica donde se elaboran los excelentes cigarrillos, marca "Centenario", propiedad de los señores Álvarez y Compañía”.

O seu labor filantrópico coa súa terra de nacemento consistiu na construción de dous grupos escolares nas parroquias de Cervo e Burela, unha estrada dende Cervo ata San Román de Vilaestrofe; outra vía, esta vez dende Vilaestrofe ata o porto de Burela (a expensas de Álvarez e demais veciños de San Román de Vilaestrofe, residentes en Arxentina) e a prolongación da mesma en cinco quilómetros sufragados polo propio José Álvarez. Finalmente, patrocinou xunto con Manuel Candia o cemiterio parroquial de San Román.

Estas iniciativas eran froito de estancias temporais do denominado "acaudalado hijo de San Román de Vilaestrofe" na sua parroquia natal e, unha vez en Arxentina, confería poderes ao seu pai e aos señores Basanta e Crego (secretario do Concello e prestamista con zona de cacique o primeiro, e secretario do Xulgado e organizador das partidas dos paisanos que marchaban cara a América o segundo) para levar a cabo as súas obras filantrópicas, por exemplo a estrada de Cervo e Vilaestrofe.

Retorna a España de forma permanente en 1918, asentándose na Coruña e iniciando un proxecto que non tardaría en levalo á ruína. Trátase da Compañía Aurífera de Galicia, S.A, na que investiu unha grande parte do seu capital para a construción dun salto de auga, laboratorio e lavadoiro de mineral en Corcoesto (Cabana de Bergantiños). En 1924, case arruinado, volta a Cervo, onde ocupa a cadeira municipal ata 1930, sendo ademais deputado provincial por Lugo.

Despois da súa experiencia en política embárcase noutro proxecto, a "Hidroeléctrica do Xunco", que transportaría a corrente eléctrica ás parroquias de Burela e San Román. En 1916 viaxa a Arxentina para liquidar os seus derradeiros bens, regresa totalmente arruinado en 1941, finando sete anos máis tarde, cando toda a súa fortuna era só unha lembranza.

Placa de agradecimiento a Jose Álvarez.

Placa de agradecemento a Jose Álvarez na fachada do Almacén

MANUEL CANDIA LÓPEZ

(San Román de Vilaestrofe 1850- Bos Aires 1930 )

Coetáneo, vecino y amigo de José Álvarez. Después de un viaje a su parroquia natal en 1889, comisionó a un pariente para que estableciese en la misma una escuela, dotándola de maestro y equipándola de mobiliario y material. Sufragó también la construcción del edificio escolar de la parroquia compuesto por dos aulas. Su mujer junto con la de José Álvarez figuran como donantes del cementerio de esta parroquia.

Retrato de Manuel Candia López

Retrato de Manuel Candia López

EMILIO RODRÍGUEZ EIJO

(Cuíña, Cervo 1878 -1916 -Jujuy, Arxentina

Fillo de muiñeiros, emigrou tamén a Arxentina, pero non para a capital, senón para Jujui, onde aprendeu o oficio de xoieiro, progresando ata facerse cun grande negocio de xoiería (elaborando tamén os típicos coitelos dos gauchos). Chegou a ser alcalde do seu municipio de adopción e a viaxar por todo o mundo, con visitas periódicas á súa terra e á súa familia, á que pertencía o bispo Leopoldo Eijo Garay. Costeou dous quilómetros da estrada que parte da vía estatal de Cervo ata o lugar de Cuíña. Mercou tamén os terreos necesarios para o ensanche (duns seis metros de ancho) e dispuxo que se plantasen árbores. Comprometeuse finalmente a conservala e reparala cando fose necesario.