Outras personalidades destacadas

JOSÉ MARÍA FERNÁNDEZ MONTENEGRO

(Lieiro, falecido en Buenos Aires nos anos 20)

A este adinerado "fillo de Cervo" coñecémolo indirectamente a través da súa dona, a arxentina Manuela Goñi Maistegui, quen en memoria do seu marido solicitou do centro "Hijos del Partido de Viveiro", en Bos Aires, o permiso para a construción dunha escola na parroquia de Lieiro, no porto de San Ciprián, ás súas expensas. O colexio ía ser levantado no terreo mercado con ese fin polo devandito centro, relevándoo así dos gastos da edificación. A solicitude foi aceptada e, en contrapartida, esta asociación fixo esculpir en bronce un busto do socio falecido e dous retratos ao óleo de cada un dos consortes para que nas respectivas aulas de ambos dous sexos lembrasen aos doadores.
Tratábase dun grupo escolar con dúas aulas e capacidade para sesenta nenos de cada sexo. Isto ocorría a finais de 1929, e dous anos máis tarde estaba completamente rematado e provisto do mobiliario necesario. Con motivo da súa inauguración o 26 de xullo de 1931, desprazáronse a doante e o seu segundo marido, Leandro J.M Fernádez Candia, natural da mesma parroquia, para proceder ao acto simbólico de doazón e entrega da obra.

Esta edificación actualmente alberga o Museo Provincial do Mar.

Cadro de Jose María Fernández Montenegro
Cadro de Manuela Goñi Maistegui

Cadro de Jose María Fernández Montenegro                            Cadro de Manuela Goñi Maistegui