O patrimonio relixioso de Cervo é rico e variado, como na maior parte de Galicia, pero ao mesmo tempo posúe características propias, directamente relacionadas coas tradicións mariñeiras e o mundo do mar.
Os monumentos de carácter relixioso que podemos atopar neste concello son os seguintes:
- Igrexa Parroquial de San Julián de Castelo, s.XVIII
- Capela de Santa Eufemia de Trasbar, s.XX
- Capela Antiga de Santa Eufemia de Trasbar, s.XII
- Igrexa Parroquial de Santa María de Cervo, s.XVIII
- Capela de San Xosé de Paraño, s.XIX
- Capela de San Pedro da Senra, s.XVII
- Igrexa Parroquial de Santa María de Lieiro, s.XVIII
- Capela de San Ciprián. Dá nome ao pobo. S. XI
- Capela de San Andrés en San Ciprián, s.XVII
- Capela de San Caietano e Nosa Señora de Guadalupe (Guioncho-Lieiro)
- Igrexa Parroquial de Santa María de Rúa, s.XVIII
- Igrexa Parroquial de Santiago de Sargadelos, s.XIX
- Igrexa parroquial de San Román de Vilaestrofe, s.XVIII
- Diferentes cruceiros ao longo da nosa xeografía
En Rúa atopamos a súa igrexa nun outeiro central do val que foi un castro, ao carón dun castiñeiro centenario. Destaca pola súa arquitectura simple e…
San Román de Vilaestrofe ofrece unha fermosa igrexa, na que se distinguen engadidos da súa longa historia; as súas orixes son difíciles de precisar,…
Conta con retablos de estilo rococó (finais do s. XVIII), que destacan pola ampla gama de cores que locen; o maior é o do Patrón, San Xulián, vestido…
En Cervo pódese visitar a igrexa de Santa María, de traza barroca, na que destaca a súa arquitectura interior de doce arcos, de perfecta harmonía e…
Esta igrexa alberga unha imaxe singular da Virxe María: A MADRE DE DIOS DE LIEIRO, o nome deste templo en galego antigo. Ocupa o centro do retablo…
Esta igrexa é de estilo neoclásico puro. Encargo do Marqués de Sargadelos para ennobrecer as Reais Fábricas; de corte herreriano e moi sobrio, pero…